lunes, 27 de diciembre de 2010

Últimas carreiras do ano.

Segue a progresión de José Manuel Charlón que cun ritmo de 3:38 e un tempo 35:45 conseguiu o posto 68 na carreira de Lugo Monumental. Tamén nesta carreira e despois dun ano de continuas lesións o corredor lucense, pertencente ó noso club, José Varela fixo un moi bo tempo de 46:25 min. a un ritmo de 4:44 demostrando que xa se empeza a encontrar en moi boa forma.

O mesmo día, na VI carreira popular Mar de Boiro, tamén houbo participación do club, quedando Esther 1ª na súa categoria e Ana Roel e Puri 3ª nas súas respectivas categorias. O último fichaxe do club Jorge García fixo un excelente tempo 33:16 rodando a 4:03.
Tamén o noso compañeiro e amigo do CAR de Miño Luís Bouza quedou 1º na categoría dos 50 anos.
Fotos da carreira de Boiro aquí.




Da San Sivestre de Ares - Mugardos pouco que dicir, xa que este ano apenas houbo participación de corredorres do noso club. Na foto vemos a Victor participando nesta carreira.

O día de Noiteboa houbo unha quedada dalgúns corredores de Betanzos na polideportiva, en apoio da campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.




lunes, 13 de diciembre de 2010

Abebe Bikila 1960 Olympic Marathon

Abebe Biquila, etíope, foi un dos grandes protagonistas do atletismo mundial, gañou a maratón das olimpiadas de Roma en 1960 descalzo.