jueves, 28 de julio de 2011

Suxerencia posible percorrido media maratón de Betanzos dende a praza

Victor mándanos esta suxerencia da media,
Plano do percorrido Aquí
Saída dende a fonte, xiro a esquerda na casa da xuventude, Av García Naveira, rotonda das Cascas, Av Fraga Iribarne de frente na nova rotonda do centro de saúde, seguir pola estrada mais lonxana ó cole, no cruce a dereita, Ponte Nova, Valdoncel, na casa de Xuventude virar á dereita, e completar outra volta ata o cruce. No cruce enfilamos a subida cara As Angustias e facemos o percorrido de tódolos anos. Unha vez de volta na Ponte Nova subimos polo Valdoncel e imos directos ata a linea de meta na praza.
Que opinades?????

miércoles, 27 de julio de 2011

Data da media maratón Volta a Ría de Betanzos

O día 20 de Novembro, domingo, celebrarase a Media Maratón de Betanzos.

O día 21 de Agosto, domingo, correrase a Carreira Popular.

Na foto vemos ós corredores que formaron o equipo do club que participaron na carreira de Ordes quedando cuartos.
Na clasificación individual Victor 19, Charlón 32,
Michel 76, Sas 164 e Chipi 170.