jueves, 15 de marzo de 2012

Maratóns de Andrés Otero Botana “Sito” corredor do Club Atletismo As Mariñas





Sito, un dos corredores mais veteranos do club, leva disputado varias maratóns sendo o seu mellor tempo o conseguido en Toral 02 : 54 : 07 no ano 2000, aínda que dous anos despois no Maratón de Madrid fixo un tempo de 02 : 55 : 23 a pesares da dureza do seu percorrido.
O seu debut nas maratóns foi en Madrid con 29 anos facendo un tempo de 03 : 05 : 39
Entre o ano 1997 e 2006 correu 14 maratóns, terminandoas todas, sendo o seu peor tempo o da V Maratón Martín Fiz no 2006, 03 : 08 : 53 , aquí unha mostra dos tempos que recorda dalgunha delas:
XX Maratón de Madrid: 17 de marzo de 1997, 03 : 05 : 39 no posto 580
XXI Maratón de Madrid: 26 de Abril de 1998, 02 : 58 : 57 quedando na xeral no posto 412 e na súa categoría de 89
XVI Maratón de Toral de los Vados : 23 de Xullo de 2000, 02 : 54 : 07
XXV maratón popular de Madrid: 28 abril 2002, 02 : 55 : 23 quedando na xeral de 322 e na súa categoría no posto 80
II maratón internacional Martín Fiz: 4 de Abril de 2004, 02 : 57 : 44 finalizando no posto 54 e 41 na súa categoría.
XXVIII Maratón de Madrid 2005: 02: 57 : 40 no posto 322
IV Maratón internacional Martín Fiz: 2 de Abril de 2006: 03 : 08 : 53
Maratón de San Sebastián : 26 de novembro de 2006, 02 : 58 : 34
Esta de San Sebastián foi a última pero non a derradeira, xa que a partir desta temporada volverá ó rodo atlético.

martes, 6 de marzo de 2012

VI Dúatlon Concello de Guitiriz,





"Para aqueles, que ademáis de correr, lles guste andar na bici"
Un dos nosos corredores, Xurxo García, participou o pasado sábado no duatlón de Guitiriz, acabando cun meritorio posto.
Animádevos a probalo!
A proba consistiu nun percorrido de 5 km correndo, logo transición en bici, 20 km, para rematar con 2, 5 km correndo.
Ana

domingo, 4 de marzo de 2012

X Carreira Popular Concello de Padrón 2012

Hai unha excelente película interpretada por Yul Brynner, Steve McQuenn e Charles Bronson que se titula Los siete magníficos, pois segundo Secun os da foto somos Os oito magníficos mais un

viernes, 2 de marzo de 2012

Ruta do Mandeo



Para que saiades do asfalto e vos adentredes na natureza , aquí vos deixo un dos meus percorridos favoritos para adestrar, á beiriña do río Mandeo dende Teixeiro ata un pouquiño mais enriba da central do Zarzo.
Témolo ó ladiño de Betanzos e merece a pena esquecerse por un día desas tiradas longas ou desas series a menos de 4 e adentrarse neste lugar a un ritmo de trote borriqueiro, e si pensades en ir a un ritmo moi baixiño aquí estou eu para acompañarvos.
Lodeiro