lunes, 27 de diciembre de 2010

Últimas carreiras do ano.

Segue a progresión de José Manuel Charlón que cun ritmo de 3:38 e un tempo 35:45 conseguiu o posto 68 na carreira de Lugo Monumental. Tamén nesta carreira e despois dun ano de continuas lesións o corredor lucense, pertencente ó noso club, José Varela fixo un moi bo tempo de 46:25 min. a un ritmo de 4:44 demostrando que xa se empeza a encontrar en moi boa forma.

O mesmo día, na VI carreira popular Mar de Boiro, tamén houbo participación do club, quedando Esther 1ª na súa categoria e Ana Roel e Puri 3ª nas súas respectivas categorias. O último fichaxe do club Jorge García fixo un excelente tempo 33:16 rodando a 4:03.
Tamén o noso compañeiro e amigo do CAR de Miño Luís Bouza quedou 1º na categoría dos 50 anos.
Fotos da carreira de Boiro aquí.




Da San Sivestre de Ares - Mugardos pouco que dicir, xa que este ano apenas houbo participación de corredorres do noso club. Na foto vemos a Victor participando nesta carreira.

O día de Noiteboa houbo unha quedada dalgúns corredores de Betanzos na polideportiva, en apoio da campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.




lunes, 13 de diciembre de 2010

Abebe Bikila 1960 Olympic Marathon

Abebe Biquila, etíope, foi un dos grandes protagonistas do atletismo mundial, gañou a maratón das olimpiadas de Roma en 1960 descalzo.

martes, 23 de noviembre de 2010

Un pouquiño de humor

Non todo vai ser correr, un pouqiño de humor con esta canción de Riki López.

lunes, 22 de noviembre de 2010

XXXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO

















Entre os corredores brigantinos hai que destacar o fenomenal terceiro posto de Aida Esther e o excelente tempo de Ana baixando dos 50 minutos aínda que todos esperamos que cos consellos de Jorge teña unha mellora grande dos seus tempos, xa que ten aptitudes para eso. E como nel está sendo habitual, outro primeiro posto do noso compañeiro do CAR de Miño, José Luís Bouza, que está temporada conta con tantos triunfos como participacións.
Segundo as corredoras do equipo, Bouza ademais dos seus coñecementos de Atletismo tamén sabe e moito de rutas gastronómicas. Temos a foto que o confirma.
Mais fotos aquí
Na edición deste ano de Behobia-San Sebastian participou o corredor do noso club José Sas cun excelente tempo de 1h 36 min.






sábado, 6 de noviembre de 2010

XXXIII Carreira Pedestre Popular de Santiago

Nesta foto do correo galego podemos ver ós gañadores das distintas categorias en Santiago, entre

eles encóntrase o noso amigo Luís Bouza, que con este 1º posto consegue gañar tódalas grandes de Galicia.




martes, 12 de octubre de 2010

Escudo do Club

Escudo deseñado polo artista brigantino Antonio Palla para o noso Club, lucirémolo na nova equipación.

IV CARREIRA POPULAR A CORUÑA 10




Magdalena, atleta do club obtivo un 3º posto na súa categoría, tamén un amigo do CAR de Miño Luís Bouza consiguiu un 1º posto na categoría dos 50 anos.
Hai que destacar a Varela, atleta do club, que despois de percorrer fai uns días 90 km fixo unha moi boa carreira.
Fotos aquí

sábado, 25 de septiembre de 2010

Reto conseguido

Ás 5 da mañá saía Varela de Miño, despois de 15 horas de camiñata chegaba á porta da súa casa en Lugo ás 8 da tarde, adiantándose ó horario previsto en 2 horas.

viernes, 24 de septiembre de 2010

O reto de Varela na prensa de Lugo



O diario de Lugo "El Progreso" do día 24 de Setembro adícalle unha páxina ó reto de 92 Km do noso compañeiro do Club atletismo As Mariñas.

Carreira de Boimorto





Cinco corredores do Club Atletismo as Mariñas participaron este fin de semana na carreira de Boimorto conseguindo catro trofeos na categoría de veteráns.

martes, 24 de agosto de 2010

Reto de Varela : 91 Km

José Varela, maratoniano do Club Atletismo As Mariñas, vai facer o traxecto Miño - Lugo, 91 km o 25 de Setembro nunha soa xornada e sen descanso algún. Saíra ás 5 da mañá.
Esto é, segundo palabras del, o seu primeiro gran reto, xa que mais adiante virán outros moito mais difíciles.

Si algún compañeiro quere acompañalo nalgún tramo do camiño pode poñerse en contacto con el a través deste blog.

lunes, 23 de agosto de 2010

XV carreira Popular de Betanzos


Por fin rompeuse o malificio, despois de varios 2º postos, tanto na Media Maratón como na carreira popular de Betanzos Manute consigue un 1º posto no noso pobo.
Resultados aquí
Fotos de María neste enlace
Fotos de Eduardo aquí
Fotos de Lagares aquí

lunes, 21 de junio de 2010

Ánimo Secun




O noso compañeiro, que se operou do Tendón de Aquiles xa fai uns meses, mañá 22 de Xuño volve a pasar polo quirófano por cuarta vez, todos os seus amigos e compañeiros queremos dende aquí darlle todo o noso apoio e seguro que no inverno xa estamos todos xuntos dando a volta o Pedrido preparando a próxima maratón.
ÁNIMO¡¡¡¡¡¡

sábado, 5 de junio de 2010

14 Media Maratón Volta a Ría de Betanzos.


Dende aquí felicitar á directiva e ós colaboradores do Club Atletismo As Mariñas pola perfecta organización desta carreira.
O gañador cun tempo de 1:13:03 foi Chus Alonso Prieto de Ponferrada e o primeiro corredor do Club Atletismo as mariñas de Betanzos foi Victor José Sánchez Perez con un tempo de 1:20:47. Este ano bateuse o record de participación con mais de 350 inscritos, chegando á meta 323 corredores.
Mais fotos aquí

domingo, 16 de mayo de 2010

Planeta Running


Na revista de planeta Running do mes de Maio ben anunciada a Media Maratón de Betanzos, aquí tedes o recorte desa páxina.

viernes, 9 de abril de 2010

XIV MEDIA MARATÓN “VOLTA Á RÍA DE BETANZOS”

DIA 30 DE Maio de 2010
HORA ás 10,30 horas e peche do control ás 13,00 horas.
LUGAR Polideportivo Municipal de Betanzos.
INSCRIPCIONS:http://www.championchipnorte.com/
CATEGORIAS POR IDADE. (MASCULINA E FEMENINA)
SENIOR: de 18 A 34 anos
PREVETERANS: de 35 A 44 anos
VETERANS I : de 45 A 54 anos
VETERANS II . de 55 anos en adiante
PREMIOS: Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e unha camiseta para tódolos corredores.
AVITUALLAMENTO: 3 ó longo do recorrido e na meta bebidas e froita.
PINCHOS: Despois da entrega dos trofeos haberá pinchos para tódolos corredores e acompañantes.
MAIS INFORMACIÓN:
clubatletismoasmarinas@hotmail.com
Tlf. 981771708

jueves, 4 de marzo de 2010

Unha camiñata por Chelo


O Domingo pasado fun trotar un ratiño de Teixeiro a Chelo, unha mañá tranquila despois do paso da cicloxénesis explosiva, que por sorte apenas nos afectou.
Vendo a auga que levaba o río e despois de correr un ratiño por alí, decidín subir río arriba ¡vaia paisaxes ! Colgo unhas fotos para que vexades o que perdéchedes.
Un saudo.
Fotos

domingo, 14 de febrero de 2010

XXVI Maratón Ciudad de Sevilla


Queremos felicitar dende aquí ós corredores do equipo As Mariñas Betanzos porque, non solo remataron todos a proba, senón que ademais fixeron uns moi bos tempos, mellorando os das últimas maratóns.
Ver algunhas fotos aquí



XXVI MARATÓN CIUDAD DE SEVILLA.docx clasificación

sábado, 2 de enero de 2010

1º San Silvestre en solidariedade coa Cruz Vermella

Foto de Sole Morais
O Club Atletismo As Mariñas en solidariedade coa Cruz Vermella de Betanzos participou o día 31 de Decembro na 1º San Silvestre celebrada en Betanzos. Cada corredor aportou un xoguete novo para a Cruz Vermella.
Segundo palabras dalgún directivo, para o vindeiro ano o club sumarase á organización da segunda San Silvestre polas rúas de Betanzos contando coa participación de tódolos corredores do noso pobo, nunha carreira solidaria e non competitiva.