martes, 27 de enero de 2009

11ª Meia Maratona Manuela Machado Viana do Castelo 2009


Estupenda carreira, para apuntar no noso calendario e repetila sempre que se poida.
Perfecta organización. Todo coidado ao mínimo detalle. Un percorrido moi ben sinalizado e llano (en ascenso 4,07 km, plano 12,22 km en baixada 4,96 km). Todo perfecto excepto o vento( ¡pero claro iso non é cousa da organización!).
O punto negativo foi a lesión de Michel, esperemos que non sexa nada e se recupere nuns días. En Barcelona fará menos de tres horas, seguro.
Ademais dos corredores de Betanzos tamén participaron algúns compañeiros do club Atletismo As Mariñas residentes en Culleredo: Manuel Oliver "Manute", Ramón Salaverry Maseda, Manuel Otero Gomez, Vazquez Brañas "Keky", Paulo Muinelo e Tomás Abeledo que correrán tamén o Maratón de Barcelona.


Moi boa marca non fixeron pero do bacallau deron boa conta

O resto das fotos aqui