domingo, 27 de diciembre de 2009

Felicitación do C.d.Egovarros-Viveiro

O C. D. Egovarros -Viveiro (egovarros@mail.com) mandounos unha postal de felicitación das festas do nadal, para vela pinchar aquí

domingo, 20 de diciembre de 2009

VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental



Queremos destacar o 3º e o 2º posto conseguido, na súa categoría, por María Candal Rodriguez (Marita) e Manuel Iglesias Prego recentemente incorporados ó Club das Mariñas Betanzos.
¡A ver si os maratonianos da foto toman exemplo deles!
O resto das fotos aquí
Máis fotos de Bea aquí

domingo, 13 de diciembre de 2009

Nova directiva do Club Atletismo As Mariñas


Na asemblea celebrada o día 12 de Nadal presentou a dimisión a directiva do Club, sendo elixida unha nova.
Presidente: Alejandro
Secretario: David
Tesoureiro: Ricardo
Vocais: Antón, Manel. Che, Ana , Luís, Esther e Carlos.
De correbetanzos

Dende aquí queremos agradecerlle á antiga directiva o gran traballo feito polo atletismo en Betanzos.

domingo, 15 de noviembre de 2009

XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño




O C. A. R. de Miño obtén con Ester e Luís dous primeiros postos na XXXIII carreira pedestre popular do San Martiño. En hora boa a todos.
O resto das fotos aquí

jueves, 5 de noviembre de 2009

Kedada en Betanzos

O mal tempo asustou a algúns dos foreros de Correr en Galicia que se deron cita en Betanzos o primeiro domingo do mes de Santos.
Os máis atrevidos , como sempre, foron os maratonianos de Betanzos.
Esta bonita foto dos Caneiros vai adicada a Marola e a súa impuntualidade.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Esmorga en Miño

El C.A.R. de Miño, un verano más, reunió a lo mejor de la "élite" y a las nuevas "promesas" para pasar dos meses de intensa preparación física, cuidando la alimentación sana y equilibrada y disfrutando de unas saludables "isotónicas".
Prueba de ello son estas envidiables fotos.
Un saludo a todos y buenos entrenos presevillanos.
Luís

domingo, 13 de septiembre de 2009

IV Carreira Popular Guitiriz Termal e fotos da carreira de Boimorto


Dous corredores do equipo das Mariñas obteñen o seu primeiro trofeo.
Parabens a un dos cracks do equipo ¡¡Molina!!, premio que recolle
como se ve na foto, Puri.
Tamén hai que destacar o bo tempo feito por Sergio!!
Fotos de Guitiriz aquí



Fotos de Boimorto aqui

lunes, 24 de agosto de 2009

viernes, 14 de agosto de 2009

XXVI Maratón Ciudad de Sevilla

DATA: 14 de Febreiro de 2010
Lugar: Ás 9 horas na Pista de Atletismo do Estadio Olímpico de Sevilla.
Meta: Pista de Atletismo do Estadio Olímpico de Sevilla. Peche da meta ás 14 horas.
Bolsa do corredor: Camiseta e calzón atlético de alta calidade
, medalla, toalla, diploma e foto oficial (a contratar).
Sorteos: Entre os corredores que rematen
  • Un coche
  • Dous billetes de avión con destino Europa.
  • Dúas viaxes á Maratón de Madrid
  • Lotes de material deportivo.

Precio de inscrición:

Ata 31 de Xaneiro 16,76 €

Ata o 10 de Febreiro 33,48€

Ata o 13 de Febreiro 50,01€

Percorrido da maratón

Xa temos reservado vo e hotel.

HOTEL Barceló Renacimiento ***** 32,6 € persoa e día

AVIÓN saímos o sábado 13 de Febreiro ás 12,55 h. da Coruña e voltamos o martes 16 de Febreiro ás 11,05 h. chegando a Coruña ás 12,25

75€ ida e volta.

Total por persoa 172,75 €

martes, 4 de agosto de 2009

Cross Santa Marta, Cabañas


Luís e Puri obtiveron o 1º e 3º posto nas súas categorias.
Para ver o resto das fotos pincha aquí.

Fútbol sala



Videomatic campeón de copa de Betanzos

lunes, 3 de agosto de 2009

VII Acuatlón de Ferrol




José Lago compañeiro do Club Atletismo as Mariñas participou no VII Acuatlón de Ferrol, campeonato galego 2009

martes, 23 de junio de 2009

I Media Maratón Coruña.

Para cando o Club Atletismo As Mariñas terá camisetas suficientes para tódolos corredores e corredoras do noso equipo?
Nesta imaxe vemos unha corredora de Betanzos lucindo unha fermosa camiseta, pero gustaríanos que tódolos atletas de Betanzos puideran correr cunha camiseta do Club.
Fotos de Bea da media de Coruña aqui


domingo, 31 de mayo de 2009

13ª Media Maratón Volta á Ría de Betanzos


Carlos Piñeiro Rivas do Club Ximnastica de Pontevedra foi o vencedor da media cun tempo 01:13:17, quedando en 2º e 3 º lugar os corredores do Club atletismo As Mariñas Manuel Oliver Perez e Emilio Lousa cun tempo de 01:13:31 e 01:15:28 respectivamente.
O primeiro posto femenino foi para Teresa Corral do Club Coruña Comarca cun tempo 01:34:28
Pódese ver a clasificación completa en http://www.runporto.com/mediamaraton_betanzos_resultados.htm
Todalas fotos da nosa fotógrafa María aqui

domingo, 24 de mayo de 2009

Ferreirúa vinte anos de carreira


Manuel Oliver Perez con 1:15:56 terceiro na media maratón de Ferreirúa.
Tamen Esther, Luís e Puri terminaron primeiros e segundos na súa categoría.
O resto das fotos aqui

Fotos de José Luís

domingo, 17 de mayo de 2009

Non todo é correr


David, compañeiro maratoniano, campión do Club de tenis do Salgueiro 2009.



martes, 12 de mayo de 2009

XIII MEDIA MARATÓN “VOLTA Á RÍA DE BETANZOS”


Xa está aberto a inscrición da Media de Betanzos na páxina runporto.com o prezo é de 5 euros que se podran pagar o día da carreira ó recoller o chip e dorsal.
Este ano ademais dos trofeos para os primeiros clasificados, repartiránse 20 bonos regalo de 20 euros para canxear nas tendas SPORT ZONE ós primeiros 20 corredores, homes ou mulleres, que crucen a liña de meta e algunha sorpresa máis.
A camiseta será técnica donada por sport zone
As categorías son as seguintes
“SENIOR” ................................................ de 18 a 34 anos
“PREVETERANOS” ............................... de 35 a 44 anos
“VETERANOS I” .................................... de 45 a 54 anos
“VETERANOS II .................................... de 55 anos en diante
Xa hai máis de 335 inscritos

martes, 28 de abril de 2009

IV Media Maratón de Vilagarcia

Moi boa carreira de tódolos compañeiros que se desprazaron a Vilagarcia. Pero queremos destacar o corredor brigantino José Manuel Gonzalez Charlón, recentemente incorporado ó Club Atletismo As Mariñas, cunha marca de 1:20 :58 baixando en casi 4 minutos o tempo da Media de Vigo.
En hora boa a todos
Fotos de Bea aqui

lunes, 20 de abril de 2009

Compressport

Estimados compañeros, soy Tomas Abeledo, miembro del Club Atletismo "As Mariñas", y solamente quiero comentaros que llevo la venta de las COMPRESSPORT para la zona de Galicia.
Os adjunto un link para que les hachéis un vistazo y si es de vuestro interés me lo comunicáis vía e.mail tomabeledo@gmail. como llamándome al teléfono 666050424.
Son cómodas para correr con ellas y sobre todo por que no se cargan ni los gemelos ni los sóleos.
También son buenas para usar a diario como recuperadores.Un saludo

martes, 31 de marzo de 2009

X VIG-BAY 2009

Suso coa élite. O tempo que fixo o di todo.
Fotos de María e Beatriz aqui

1 ELIAS DOMINGUEZ VAM- 1 1:07:22 3:12 1:07:22 PONTEVEDRA
45 JESUS A. PLATAS FERREIRO VETBM- 10 1:15:16 3:35 1:15:16 BETANZOS
75 VICTOR J. SANCHEZ PEREZ SENM- 30 1:17:43 3:41 1:17:31 BETANZOS
150 JOSE MANUEL GARCIA PAZ SENM- 56 1:20:40 3:50 1:20:3 BETANZOS
304 JOSE M. GONZALEZ CHARLON SENM- 112 1:24:38 4:01 1:24:32 ABEGONDO
385 RUBEN CARNEIRO MEDIN SENM- 136 1:26:26 4:06 1:26:16 BETANZOS
533 RAMÓN MUÑOZ LÓPEZ VETCM- 66 1:29:07 4:14 1:28:25 SARRIA
597 LUIS OTERO VETCM- 66 VETDM- 40 1:30:04 4:17 1:29:44 OZA DOS RIOS
654 JOSE LUIS ALONSO VEIGA VETDM- 43 1:31:07 4:20 1:30:50 PADERNE

656 FCO. JAVIER RAMOS BOTANA VETAM- 157 1:31:07 4:20 1:30:48 SADA
915 TERESA CORRAL MARCOS VETBF- 3 1:34:44 4:30 1:34:43 LUGO
951 JOSE L. ROMAY FERNANDEZ VETAM- 225 1:35:08 4:31 1:34:08 BETANZOS
1117 JOSE VARELA VAZQUEZ VETDM- 88 1:37:21 4:37 1:37:15 LUGO
1245 ALEJANDRO ROMAY DIZ VETBM- 223 1:38:48 4:41 1:38:27 PADERNE
1246 RICARDO GRUEIRO SABIN VETCM- 156 1:38:48 4:41 1:38:28 MIÑO
1444 F. J. SANCHEZ NAVEIRA SENM- 443 1:41:04 4:48 1:39:56 BETANZOS
1663 J. MANUEL FERNANDEZ REY VETCM- 202 1:43:44 4:55 1:41:46 BETANZOS

1893 JOSE SAS GOLPE VETAM- 432 1:46:58 5:05 1:45:13 BETANZOS
2021 JOSE M. SENLLE CANOSA VETCM- 238 1:48:53 5:10 1:46:17 A CORUÑA

2042 JOSE M. LAGO GONZALEZ VETCM- 240 1:49:19 5:11 1:48:02 BETANZOS
2169 JOSE M. LOPEZ LODEIRO VETEM- 90 1:51:11 5:17 1:51:04 BETANZOS
2170 ANA ROEL FUENTES VETAF- 18 1:51:11 5:17 1:51:07 BETANZOS

2422 A. MONTES HERMIDA VETCM- 285 1:56:39 5:32 1:54:06 VILALBA
2571 CONCEPCIÓN CARRO VETDF- 12 2:01:11 5:45 2:01:03 BETANZOS
2791
ULTIMO
Clasificación de Secún

sábado, 21 de marzo de 2009

Tres fotos do 2007 e 2008




Ferrol 2007



Betanzos 2008
Fotos enviadas por IRAZU

miércoles, 18 de marzo de 2009

Ruta de Chelo 1

Percorrido de 14660 metros entre ida e volta polos Caneiros. Seguramente a ruta máis popular entre os corredores de Betanzos. Tendo 7 Km aproximadamente de terra




lunes, 2 de marzo de 2009

Maratón de Barcelona 2009. As nosas fotos e os nosos tempos

Fotos aqui

Fotos enviadas por Iván Otero Rilo aquí

Puesto1ª parte tempo oficial tempo neto media kms residencia
30 MANUEL O. PEREZ LOPEZ 1:15:08 2:36:01 2:35:59 3:42 Burgo

434 PAULO MUINELO PEDREIRA 1:29:04 2:59:42 2:59:27 4:16 Cambre
463 JOSÉ SALAVERRY MASEDA 1:30:06 3:00:09 2:59:41 4:16 Culleredo
516 JOSE M. GARCIA PAZ 1:29:04 3:01:50 3:01:43 4:19 Betanzos
681 TOMAS ABELEDO PATIñO 1:30:13 3:06:16 3:05:52 4:25 Culleredo
798 DAVID GONZ. NOGUEROL 1:32:23 3:09:14 3:07:56 4:28 Betanzos
1458 MANUEL OTERO GOMEZ 1:37:58 3:19:43 3:19:19 4:44 Cambre
1582 RICARDO GRUEIRO SABIN 1:41:00 3:21:41 3:18:59 4:43 Miño
1664 ALEJANDRO ROMAY DIZ 1:41:00 3:22:48 3:20:06 4:45 Paderne
1890 J. ÁNGEL OTERO REY 1:40:58 3:25:59 3:23:15 4:50 Oza dos Rios
2942 JOSE L. ALONSO VEIGA 1:45:44 3:37:30 3:34:49 5:06 Paderne
3572 JOSé REY FERNÁNDEZ 1:45:21 3:44:48 3:42:05 5:16 Betanzos
5023 JOSE M. SENLLE CANOSA 1:56:59 4:00:42 3:56:03 5:36 A Coruña
5876 A. MONTES HERMIDA 1:56:43 4:11.42 4:07:26 5:52 Villalba
6238 JOSE M. LOPEZ LODEIRO 1:59:25 4:17:28 4:14:32 6:02 Betanzos
6239 JOSé VARELA VáZQUEZ 1:49:31 4:17:29 4:14:49 6:03 Lugo
LUIS OTERO OTERO abandono Km-11
FRANCISCO JAVIER RAMOS BOTANA abandono Km-11
SECUNDINO CARLOS FERNANDEZ FERNANDEZ abandono Km-20

lunes, 23 de febrero de 2009

Ultimo adestramento para Barcelona



Xa temos casi totalmente recuperado a Luís, un dos crack do noso grupo, da operación de menisco. Percorreu, os 17 km da volta ó Pedrido, 34 días despois de operarse. Na foto vémolo chegando a Betanzos con cara de pouco cansancio.
¿Cantos Km percorrerá na Maratón de Barcelona?

Plano do percorrido de hoxe.

martes, 27 de enero de 2009

11ª Meia Maratona Manuela Machado Viana do Castelo 2009


Estupenda carreira, para apuntar no noso calendario e repetila sempre que se poida.
Perfecta organización. Todo coidado ao mínimo detalle. Un percorrido moi ben sinalizado e llano (en ascenso 4,07 km, plano 12,22 km en baixada 4,96 km). Todo perfecto excepto o vento( ¡pero claro iso non é cousa da organización!).
O punto negativo foi a lesión de Michel, esperemos que non sexa nada e se recupere nuns días. En Barcelona fará menos de tres horas, seguro.
Ademais dos corredores de Betanzos tamén participaron algúns compañeiros do club Atletismo As Mariñas residentes en Culleredo: Manuel Oliver "Manute", Ramón Salaverry Maseda, Manuel Otero Gomez, Vazquez Brañas "Keky", Paulo Muinelo e Tomás Abeledo que correrán tamén o Maratón de Barcelona.


Moi boa marca non fixeron pero do bacallau deron boa conta

O resto das fotos aqui