sábado, 31 de diciembre de 2011

Carreira de Fin de Ano 2011. Mugardos-Ares-Mugardos



Secun , Luís e Lodeiro despediron o ano correndo a San Silvestre de Mugardos. Unha mañá completa deportivamente xa que ademais de non resentirse das lesións que os tiñan apartados das carreiras dende hai case dous anos, Secun xa correu a un ritmo de 5 min o km, sempre acompañado por Luis. Ademáis trouxeron unha cesta de nadal do sorteo que se celebrou ó final da carreira.




BO ANO A TODOS E TODAS

martes, 6 de diciembre de 2011

Dimsión do presidente e secretario

Nunha carta enviada a tódolos socios, Alejandro,presidente, e David, secretario, comunícanos que presentarán a súa dimisión nunha próxima asemblea.
No 1º punto desta carta din:
1. DURANTE ESTOS DOS AÑOS QUE HEMOS FORMADO PARTE DE LA DIRECTIVA DEL CLUB, QUEREMOS AGRADECER EL ESFUERZO Y COLABARACION DE TODOS VOSOTROS,PARA QUE, PUDIERAMOS SACAR ADELANTE TODOS LOS PROYECTOS QUE HEMOS REALIZADO DE LA MEJOR MANERA POSIBLE .
Pois si que tivéchedes a colaboración de todos nos, pero o conseguir ese esforzo e esa colaboración tamén é mérito voso.
O 2º punto din:
2. HEMOS INTENTADO HACER LAS COSAS DE LA MEJOR MANERA POSIBLE, CON ACIERTOS Y ERRORES, Y DENTRO DE LOS ERRORES COMETIDOS, SI EN ALGUN MOMENTO, LE HEMOS FALTADO EN EL RESPETO A ALGUIEN, QUE SEPAIS QUE NO ERA NUESTRA INTENCION EN ABSOLUTO Y POR LO CUAL PEDIMOS DISCULPAS.
Creo que fixéchedes un moi bo traballo no club e si tivéchedes algunha crítica creo que no son merecidas e suficientes para presentar a dimisión.
No 3º punto din:
3. PRESENTAREMOS LA DIMISION DE NUESTROS RESPECTIVOS CARGOS DENTRO DE LA JUNTA DIRECTIVA, EN LA PROXIMA ASAMBLEA QUE CELEBRAREMOS EN PROXIMAS FECHAS, Y OS LO COMUNICAMOS AHORA, POR SI ALGUIEN ESTA INTERESADOEN OCUPAR ESTOS CARGOS, O BIEN PRESENTAR UNA JUNTA DIRECTIVA ALTERNATIVA A LA ACTUAL Y QUE TENGA EL TIEMPO
PARA HACERLO.
Mirade unha cousiña, xa sei que levades dous anos pero eu dende aquí digo que sodes as persoas idóneas para seguir levando o noso club e polo tanto pídovos que recapacitedes na presentación da dimisión. Ides ter como ata agora a colaboración de tódolos/as socios/as e simpatizantes do club.

lunes, 28 de noviembre de 2011

XV Medio Maratón Volta á Ría de Betanzos

Despois de tanta polémica por culpa das inscricións, dende aquí darlle a enhoraboa á organización, que dende o meu punto de vista foi todo perfecto.

Unha lagoa no regulamento que trouxo consigo que algúns corredores quedaran sen poder participar, non empaña para nada o traballo dos organizadores..

Debido ó éxito desta edición, entre todos teremos que pensar si esta é a mellor data para as próximas carreiras.

Enlace para ver a clasificación aquí

Fotos da carreira de María

Fotos de Blas62

Fotos de Xiamenfroi

sábado, 19 de noviembre de 2011

Carreira de Santiago 2011

Despois dunha longa recuperación volve a reaparecer Secun na carreira de Santiago. Tódolos compañeiras/os desexámosche grandes éxitos na categoría dos 60 anos e seguro que será así.
De correbetanzos

lunes, 24 de octubre de 2011

I CARRERA DEL AGUA UNICEF SADA

Gran carreira en Sada dos atletas do noso equipo, quedando catro entre os 15 primeiros. Hai que destacar a Víctor, 1º na súa categoría e 6º na xeral.


De Carreira popular de Sada
Fotos de BEA aquí

miércoles, 24 de agosto de 2011

lunes, 22 de agosto de 2011

16ª CARREIRA POPULAR DE BETANZOS

Por segundo ano consecutivo, Manuel Oliver, MANUTE, consigue gañar esta proba. En categoria feminina o triunfo foi para María Victoria Leira de Fene.



No 5º posto quedou o 1º corredor do noso club, Víctor José Sanchez.

Temos que destacar na carreira deste ano o alto nivel dos participantes, xa que o último en chegar andivo a un ritmo medio de 6:01

Resultados aquí.Fotos de María

jueves, 4 de agosto de 2011

Correr na praia

Na revista Runners do mes de Agosto ven este artículo, interesante para os corredores do C.A.R. de Miño, sobre o correr na praia.

jueves, 28 de julio de 2011

Suxerencia posible percorrido media maratón de Betanzos dende a praza

Victor mándanos esta suxerencia da media,
Plano do percorrido Aquí
Saída dende a fonte, xiro a esquerda na casa da xuventude, Av García Naveira, rotonda das Cascas, Av Fraga Iribarne de frente na nova rotonda do centro de saúde, seguir pola estrada mais lonxana ó cole, no cruce a dereita, Ponte Nova, Valdoncel, na casa de Xuventude virar á dereita, e completar outra volta ata o cruce. No cruce enfilamos a subida cara As Angustias e facemos o percorrido de tódolos anos. Unha vez de volta na Ponte Nova subimos polo Valdoncel e imos directos ata a linea de meta na praza.
Que opinades?????

miércoles, 27 de julio de 2011

Data da media maratón Volta a Ría de Betanzos

O día 20 de Novembro, domingo, celebrarase a Media Maratón de Betanzos.

O día 21 de Agosto, domingo, correrase a Carreira Popular.

Na foto vemos ós corredores que formaron o equipo do club que participaron na carreira de Ordes quedando cuartos.
Na clasificación individual Victor 19, Charlón 32,
Michel 76, Sas 164 e Chipi 170.

lunes, 9 de mayo de 2011

2h 50min 29 s. Maratón Martín Fiz 2011

ENHORABOA
a José Manuel González Charlón, por este esplendido tempo de 2h 50 min 29 s. a 4,02 o km en Vitoria, posiblemente a mellor marca dun corredor brigantino nunha maratón, quedando no posto 14
Unha pequena parte deste éxito supoño que lle corresponderá o traballo do seu adestrador Suso, polo tanto enhoraboa tamén e el.
Fotos aquí
Tamén temos que destacar dende aquí o tempo de Victor Sánchez Pérez na media maratón de Pamplona, 1h 16min 46 s. sendo a súa mellor marca nesta distancia e rematando no posta 24. Este fin de semana tamén participaron na carreira do Pino, Chipi e Michel.

miércoles, 27 de abril de 2011

Esos locos corredores de fondo

Disfruta destes preciosos videos

sábado, 23 de abril de 2011

Maratón e 10 km de Madrid 2011

Tres corredoras do Club Atletismo As Mariñas correron este fin de semana en Madrid.

Esther e Ana no maratón e Lucía debutaba como corredora popular na carreira de 10 km.

domingo, 10 de abril de 2011

Que pasa coa Media Maratón de Betanzos?


Culpa so do concello???

Según fontes da directiva o concello aínda non pagou os 2000€ da media maratón do ano pasado.

Ó concelleiro de deportes do noso pobo, non lle debe interesar moito a celebración desta proba polo que eu comprobei falando algunha vez con el. Ademais mentiunos, a un compañeiro do club e a min, dicíndonos que xa estaba ingresado o diñeiro cando aínda non está a día de hoxe. Dende aquí entendemos á directiva pola non organización da proba, pero tamén creemos que había que poñer un pouco de esforzo por parte de todos para a súa celebración, algo que creo non se está facendo. ¡¡¡Unha pena que esta media desapareza do calendario de carreiras populares!!!

viernes, 25 de marzo de 2011

III Media Maratón de León

Catro corredores do Club Atletismo As Mariñas participaron na 3º Media Maratón de León quedando nos seguinte postos na clasificación xeral:
42. Víctor Sánchez cun tempo de 1h 17min 15 s.
133. José Manuel García (Michel) 1h 22min 23 s.
549. José Carlos Martín 1h 33min 16 s.
699. José Sas 1h 36min 17 s.
Hai que destacar ó novo fichaje do Club "Chipi", que a pesares de levar pouco mais de 5 meses correndo fixo un tempo moi bo. (Haber si alguén nos pode mandar unha foto del)

sábado, 1 de enero de 2011

San Silvestre A Coruña 2010

Cinco atletas do noso club participaron na I San Silvestre de A Coruña: Manuel Iglesias, Carlos, Esther, Puri e Ana.
Esther e Puri conseguiron unha medalla conmemorativa da proba polo segundo e terceiro posto na súa categoría.