domingo, 7 de septiembre de 2008

I Carrera de Montaña Monte de Santa Cruz, Ribadeo. Fotos


Foi un disfrute participar nesta carreira. Fermoso paisaxe, bo ambiente, perfecta organización e uns fenomenais compañeiros de viaxe. O próximo ano aí estarei.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Data: sábado, 8 de Novembro de 2008
Hora: a partir das 17:00 h
Lugar: Campo da Feira, Ordes
Distancia: de 100 a 1.609 m
Colabora: Clube Atletismo Ordes
Inscrición: ata o 6 de Novembro
Web: Milla Urbana de Ordes
Teléfono: 881 981 187 / 660 694 586
Fax: 981 682 057
E-mail: millaurbanadeordes(arroba)yahoo(punto)es

Bases
I. A saída terá lugar na zona do Campo da Feira de Ordes.
Disputarase sobre un circuito urbán. Haberá duchas no colexio público Campo Maior.

II. Poderá participar calqueira persoa que o desexe, sempre e cando se ateña ó Regulamento e directrices dos organizadores. A participación na proba suporá a total aceptación deste Regulamento.

III. Os participantes estarán na saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.

IV. As categorías están feitas por idade do participante (anos cumpridos con anterioridade ó día 8 de Novembro) e non por data de nacemento.


V. Os trofeos non serán acumulativos. No caso de ser o 1º do Concello un dos 3 primeiros da súa categoría, éste poderá elixir cal dos dous trofeos recoller, pasando o seu posto ó seguinte participante.


VI. A entrega de dorsais terá lugar 30 minutos antes da proba. Os dorsais colocaranse nun lugar visible no peito, respetándose a publicidade existente neles. Caso contrario o infractor será descalificado.


VII. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ó circuito de toda persoa allea á carreira (Agás nas categorías A e M, na que os bebés poderán ser acompañados para evitar caídas).


VIII. A Organización non se responsabiliza dos danos morais ou materiais que, a sí mesmo ou a outras persoas, ocasionen os participantes das diferentes probas, antes, durante ou como consecuencia da súa participación nesta proba.


IX. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
A: Nenos de 0 a 4 anos (100 m)
M: Nenas de 0 a 4 anos (100 m)
B: Nenos de 5 a 8 anos (300 m)
N: Nenas de 5 a 8 anos (300 m)

As seguintes categorías percorrerán 1.609 m (1 milla)
C: Nenos de 9 a 12 anos
O: Nenas de 9 a 12 anos
D: Nenos de 13 a 16 anos
P: Nenas de 13 a 16 anos
E: Homes de 17 a 20 anos
Q: Mulleres de 17 a 20 anos
F: Homes de 21 a 30 anos
R: Mulleres de 21 a 34 anos
G: Homes de 31 a 39 anos
S: Mulleres de 35 a 40 anos
H: Homes de 40 a 44 anos
T: Mulleres de 41 a 45 amos
I: Homes de 45 a 49 anos
U: Mulleres de 46 a 51 anos
J: Homes de 50 a 54 anos
V: Mulleres de máis de 51 anos
K: Homes de 55 a 60 anos
L: Homes maiores de 60 anos

Z: Habera unha carreira correr e andar non competitiva de 500 m

Trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría
Trofeo ó primeiro clasificado do Concello de cada categoría
Sorteo de regalos e camisetas
Medallas para os participantes nas categorías A, B, M e N
Trofeo para o atleta máis veterano.
Os premios non seran acumulativos.