lunes, 27 de diciembre de 2010

Últimas carreiras do ano.

Segue a progresión de José Manuel Charlón que cun ritmo de 3:38 e un tempo 35:45 conseguiu o posto 68 na carreira de Lugo Monumental. Tamén nesta carreira e despois dun ano de continuas lesións o corredor lucense, pertencente ó noso club, José Varela fixo un moi bo tempo de 46:25 min. a un ritmo de 4:44 demostrando que xa se empeza a encontrar en moi boa forma.

O mesmo día, na VI carreira popular Mar de Boiro, tamén houbo participación do club, quedando Esther 1ª na súa categoria e Ana Roel e Puri 3ª nas súas respectivas categorias. O último fichaxe do club Jorge García fixo un excelente tempo 33:16 rodando a 4:03.
Tamén o noso compañeiro e amigo do CAR de Miño Luís Bouza quedou 1º na categoría dos 50 anos.
Fotos da carreira de Boiro aquí.




Da San Sivestre de Ares - Mugardos pouco que dicir, xa que este ano apenas houbo participación de corredorres do noso club. Na foto vemos a Victor participando nesta carreira.

O día de Noiteboa houbo unha quedada dalgúns corredores de Betanzos na polideportiva, en apoio da campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.




No hay comentarios: